A SEITURA A MAN DE PRINCIPIO A FIN

Nin que decir ten, que o principio da seitura escomenza por segar coa fouce.

 

Antes de rematar a sega, algúns homes empezaban a facer os mollos. Era importante a cresta de galo da atadela.

Do mollo feito, sacábase a vencela para facer/atar o seguinte mollo.

Unha evolución da fouce, foi este aparello. Podía ser tirado tanto por animais como por máquinas. Funcionaba co simple movento das rodas, as cuales facían girar un peine. Unha persoa subíase, simplemente para aconchegar un pouco a palla.

Neste caso orixinal, o aparello era tirado por un burro.

Un momento moi importante da seitura, era o almorzo ou tamén a merenda.

Terminada a jornada, o aparello era encartado para transporta-lo.

Na foto, Jose, admirando o invento do aparello (tan revolucionario no seu tempo).

Despois de segado, tocaba acarrexar.

Facíanse as medas todas xuntas, para mover o menos posible a máquina malladora (a máquina movíase tirada por vacas)

Eran xornadas de moito traballo, pero a vez, moi divertidas. Uns axudaban autros para que eses lles axudaran a eles.

O resultado final, o producto ás valioso. Trátase do grao.

Nota:

Profundo agradecemento as persoas que se molestaron en facer estas fotos para logo dona-las a este sitio Web (Ignacio V. e Silvia V.). Tal vez sexan as últimas fotos que se fagan na historia deste pobo sobor da seitura a man.