SILVIO SANTIAGO GARCIA

Naceu en Vilardebós, no ano 1903. Ó chegar a guerra civil de 1936, no transcurso da cal foi asesinado o seu irmán Xacinto, fuxiu a Portugal e de alí marchou a Cuba e posteriormente a Venezuela, onde residiu unha grande parte da súa vida. Cando xa pasaba dos sesenta anos, en1961 revelouse como escritor coa publicación de "Vilardebós". Un libro que de seguida se convirtiu nun clásico da narrativa galega. Durante moito tempo, a censura franquista impediu a publicación de "O silerencio redimido", unha novela que non vería a luz ata 1977, tres anos despois da morte do seu autor.

O silencio redimido

Inspirada na peripecia vital do propio Silvio Santiago, narra acontecementos relacionados coa guerra civil. Hai nesta novela, ademais dunha historia moi ben contada, páxinas dun lirismo engaiolante, como o episodio do rousiñol que alegra as horas angustiosas do fuxido nun xestal portugués. Especialmente tráxicos, narrados cun dramatismo que arrepía, son os sucesos que transcurren no cárcere de Valmaior (Verín), nos cales aparece a figura sinistra dun asesino que coa súa insolencia e o desprecio da dignidade humana se convirte no símbolo da barbarie e o horror daqueles anos.