MANUEL NUÑEZ GONZALEZ

 

Nacéu en Vilar de Bos, na raia de Portugal, o 5 de agosto de 1865. Estudóu Dereito en Santiago, e foi rexistrador da propiedade. Algúns dos seus primeiros traballos literarios publicáronse en O Tio Marcos da Portela, firmados ás veces "Ma-Nu-Gon". No Galiciano, de Pontevedra, pubricóu a súa lenda A namorada cautiva, que logo recolléu no libro Salaios. Na portada diste volumen campa un gaiteiro de polainas, cirolas, faixa, e monteira, o que nos anuncia un poeta costumista. Pero Núñez non o é. As súas poesías inspíranse no patriotismo, ou na xusticia social, ou cantan un amor traicionado. Núñez tende ó lirismo suxeitivo, i é dos poucos que nista vía seguen as pegadas da Rosalía de Follas novas. Núñez é máis espansivo e ricaz que Barcia Caballero no seu lirismo rosalián; e a negra sombra apréixao menos, é menos insistente, porque os outros motivos da súa inspiración extraverten a súa alma e equilibran a súa saudade con estímulos esteriores. Núñez, anque ás veces trate temas relacionados coa aldea, fala sempre coa súa propia voz, sen se poñer a carantoña do paifoco. E un poea culto, cuio verso e cuia lingua foron luidos polo gosto. Inda que non posean grande freba nen paixón.

O poeta remamtóu por chamar ás portas da Compañía de Xesús; pero desmasiado doente para pronunciar os votos definitivos, retiróuse a Vilar de Bos, onde morréu o 14 de febreiro de 1917