ELOI LOIS ANDRE

 

Datos persoais e familiares

Eloi Lois André críase en Vilardebós, nace no pobo de Mourazos (Verín), o día 21 de xuno de 1876. E fillo lexítimo de D. Anxel e Dª. María Purificación, oriundos de Vilardebós e Mourazos, de profesión, o pai é médico e a nai ama de casa. Os avós paternos, Anselmo e Sabela proceden de Terroso. Os avós maternos Xacobo e Tereixa veñen de Mourazos e Vilariño de Conso. Apadriñaron a este neno, o matrimonio D. Xacinto e Dª. Xenerosa, quen xogaron un papel moi destacado na educación do seu afillado, que pasa a Vilardebós preto dos tres anos, xa que o seu pai Anxel morre cando o neno ten trece meses e vinte e dous días, a súa nai casa en segundas nupcias moi pronto e de seguido morre o avó Anselmo. O neno Eloi medra, pois, en Vilardebós preferentemente e Mourazos.

 

Traxectoria académica

Docencia en catro institutos

Os vinte e tres anos é catedrático.

O día 10 de febreiro de 1904 é nomeado en virtude de oposición e por Real Orden, Catedrático Numerario de Psicoloxía, Lóxica e Etica e Rudimentos de Dereito do Instituto xeral e Técnico de Soria. Tomou posesión o 22 de febreiro de 194.

O día 31 de maio de 1904 foi nomeado en virtude de consurso e por R.O. Catedrático Numerario nas mesmas materias citadas do Instituto de Ourense.

Trasladado do Instituto de Ourense ó de Toledo, envirtude de permuta co de igoal clase e asiñatura D. Antonio Losada Diégues, segundo R.O. de 31 de xaneiro de 1914.