RODOLFO NUÑEZ DE LAS CUEVAS naceu en Málga, o 27 de xuño de 1924. Pero, apenas dous meses despois, seu pai, Rodolfo Núñez Rodríguez, inspector xeral de traballo, era trasladado a Santander e, pouco despois, á Coruña. A súa infancia ía transcorrer entre a capital herculina, Ourense e Vilardevós, de onde é oriunda a súa familia paterna.

Con 11 anos aprobou o exame de secretario de xulgados municipais na Auiencia Territorial de a Coruña (na convocatoria non figuraba o límite inferior de idade). Nunca exerceu como tal, xa que a súa vida profesional ía transcorrer por outros viviros.

Rematado o Bacharelato con excelentes calificacións, preparou o seu ingreso na Academia Xeneral Militar de Zaragoza. No ano 1948 graduouse como tenente de enxeñeiros, co número 1 da súa promoción.

Estivo destinado no Reximento de Transmisións do Exérito e na Compañía de Transmisión do Rexemento da Garda do Xefe do Estado.

En 1952 fixo o curso de investigdores en electrónica, no Instituto Nacional de electrónica do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Ingresou, en 1956, no Corpo Nacional de Enxeñeiros Xeógrafos. En 1961 obtivo o grao de doctor enxeñeiro xeógrafo, e, no 1967, por oposición, a Cátedra de Representación Cartográfica da EScola Universitaria de Enxeñería Técnica Topográfica da Universidade Politécnica de Madrid.

Como enxeñeiro do Instituto Xeográfico Nacional (IXN), ocupou distintos cargos na área de Cartografía entre 1957 e 1974. De 1974 a 1980 foi director xeral do Instituto Xeográfico Nacional, adscrito á Presidencia do Goberno. Foi tamén, en distintas etapas, presidente dos siguientes organismos e institucións: Consello Superior Xeográfico, Comisión Nacional de Geodesia e Geofísica, Comisión Nacional de Astronomía, Comisión Nacional de Metroloxía e Metrotécnica, Consello de Xeografía, Astronomía e Catastro, Comisión Permanente de Normas Sismorresistentes, Comisión Nacional de Nombres Xeogra´ficos.

Durante a presidencia de Núñez de las Cuevas, o Instituto Xeográfico Nacional construíu os observatorios astrnómicos de Yebes (Guadalajara) e Calar Alto (Almería), o observatorio geofísico de San Pablo de los Montes (Toledo), o Centro Nacional de Documentación e Información Xeográfica (Madrid), e se comenzou a construcción do observatorio geofísico de Güimar (As Palmas de Gran Canaria) e o observatorio hispano-franco-alemán de Radioastronomía en ondas milimétricas, situado na Loma de Dilar (Granada). Tamén se iniciou nesta época a Rede Sismolóxica Nacional, o proxecto do Centro Metrolóxico Nacional e a Lei de Metroloxía.

No aspecto docente, foi profesor da Escola de Geodesia e Topografía do Exército, da cátedra de Representación Cartográfica da Universidade Politécnica de Madrid e director da Escola de Enxeñería Técnica Topográfica, entre outros.

Rodolfo Núñez está en posesión de varias condecoración, entre as que cabe salientar: a Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X el Sabio; a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil de España; a Gran Cruz do Mérito Civil de Alemaña; a Encomenda de Número de Isabel a Católica e a Cruz do Mérito Civil de Francia.

Casado en 1957, en Washington, coa norteamericana Patricia Millar, tivo tres fillos. Rodolfo, Jaime e Fernando. Cando finou Patricia, despois dunha penosa enfermidade, os seus restos mortais foron trasladados, por propia vontade, ó panteón familiar dos Núñez, no cemeterio de Vilardevós. Un motivo máis para que Rodolfo teña sempre presente ó noso pobo.

En 2007, Rodolfo Núñez de las Cuevas dona máis de 3.500 exemplares para a Biblioteca de Ciencias da Terra de Vilardevós, para crear un centro de referencia na investigación científica. A consellería de Medio Ambiente mailo Concello de Vilardevós xestionan a creación dun organismo que se encargue de preservar o importante legado bibliográfico.

 

Fuente: BIM (boletín de Información municipal – Inverno 2007) – VILARDEVÓS.