AS MAMOAS DA SERRA DE PENAS LIBRES NO CONCELLO DE VILARDEBOS

E sabido que un dos centros dolménicos mais importantes de Portugal, atópase na provincia de Tras-os-Montes e que dil téñense ocupado Ricardo Severo, Enrique Botelho, P. Rodrígues, e Leite de Vasconcellos que esproraron numerosas necrópoles, constituidas por antas, algunhas de grandor considerabre, mais de cote de formas sinxelas, con soio cámara po-ligonal e por vegadas cun comenzo de corredor cuios espolios, prescindindo dos estranos achádegos de Alvao desbotados ó noso sentir inxustamente dos inventarios prehistóricos, forneceron machados de pedra ordinaria, e non sempre ben polidos, pontas de saxeta e de lanza, goivas, eixadas, furadores, polidoras, facas e anacos cerámicos lisos e de feitio ordinario, material datado en parte no neolítico final e en parte no neolítico, no que deben crasificarse sen dúvida algunhas goivas ben polidas e sobor de todo a fermosa folla de lanza ou puñal fabricada con pedra calcedonia, que foi asoellada por Leite de Vasconcellos en Carraceda de Alvao, e cuia feitura e retoques son de unha adumirábel finura e regularidade.

Sinalan istas antas trasmontanas a esistenza de unha cultura anterga, onde perduran formas arcaicas e que se desenvolve de por si sen que nela escoen os ídolos placas, os cilindros de calcáreo, os ídolos de óso, a cerámica campaniforme e os demais elementos que tan fortemente caraiterizan a civilizazón dos dólmenes de formas desenroladas do sul do Douro.

O conxunto da devandita cultura trasmontana, presenta moitos paralelismos coa dos dólmenes galegos, embora fallen nista os ouxetos típicos do neolítico final e acuse en troques un infruxo serodio da cerámica campaniforme chegada segurametne a Galiza po-lo val do Sil, asegún noutro lugar deixamos esposto.

Era po-lo tanto ben interesante para nós, o determinar a esttensión e caraite dos núcreos de mámoas da serra de Penas Libres e tratar de establecer os seus paralelos arquitectónicos e de axuar coas suas veciñas de Portugal, precurando de iste xeito os dous vieiros por onde a civilización megalítica penetrou na nosa terra.

Disgrazadamente o estado de ruina e acabamento en que atopamos as sepulturas rexistradas e a falla ausoluta de mobiliario non consinten nin inizar xiquera aquil traballo, ficando cinguida a nosa laboura a determinar a área xeográfica de unha bisbarra rica en antas e a mostrar certa curiosa particularidade de algúnha de elas, na agarda de que novas esprorazós rendan mais froito.

As mámoas da serra de Penas Libres, atópanse todas elas nas planuras que coroan o conxunto montesío e postas de core en col de outeiros domiñantes, a semellanza do que ocurre en moitas estazós (Laboreiro. Monte de San Cibrao, Pavia), Comenzan na mesma raia. En Cidadela, e seguen do W, o L, por Soutochao, Lamas de Eite, Salto do Cabalo, Pedra dos Lobos, Castelo de Vilardevós, Portela da Fraira, Foxo, Serra de Feilas e Pedra Boleira ata bater en Fontefría.

 Compre sinalar en primeiro lugar as denominanzas bensiñificativas dealgúns de istes lugares, espezalmente os de Cidadela e Castelo, que de ser como parez indcalo o seu nome, recintos castrexos, virían engader un novodatoen colda veciñanza, tantas vegadas ouservada dos castros e das mámoas.

Unha das necrópoles achase situada no Salto do Cabalo, entre o hectómetro 8 do kilómetro 17 e o hectómetro 2 do kilómetro 21 da estrada de Verín a Braganza, e constabe inda fai pouco tempo cas nove sepulturas, das que foron derrumbadas unha ó abrirse a estrada devandita, duas por estar dentro do trazado da esplanazón e outras duas por procurar nelas o contratista pedra para o firme.

Como é natural istes fortes remeximentos da morza tumular, rebaixaron considerablemente a sua outura e abriron na parte central grandes buratos, curcunstanza que impide o calcular nin aprousimadamente a fondura a que a cámara dolménica se acochaba, embora polos datos que se recolleron dos beizos dos espoliadores parez ser que os esteios pouco mais tiñan que un metro e que se espetan soio us centímetros no chan natural, estando sostidos principalmente pola terra da mámoa.

Algunhas sepulturas.

Mámoa 1:

Erguese a direita e a veira mesma da estra, 250 metros denantes de chagar ó indicador do kilómetro 20. Ten de diámetro 18 metros e 2 de outura. Está formada por terra e algumhas pedras grandeiras procedentes cicais do labrado dos esteios. Fondamente atuado atopamos a mais de carbós de madeira de carballo, un anaco de vocal, ó parecer de un pote, mouro por fora e cinzento por dentro e trabailado á roda, vestixio sen dúbida de unha esprorazón anterior.

Mámoa 2:

Situada na veira ezqueda da estrada, xunta o hectómetro 2 do kilómetro 20. Ten 9 metros de diámetro e un de alto, e achábase formada case escrusivamente por terra.

Mámoa 3:

A ezquerda e a carón do devandito indicador do kilómetro 20. Atopábase tan plainada que non foi posibre determiñar o seu diámetro.

Mámoa 4:

A 150 metro para direita do hectómetro 2 do kilómetro 18. Mide o seu diámetro 22 metros e 2 de altor, embora o grande burato que presentaba na parte central. Contiña moitas pedras e carbós de carballo e de torgos de uz.

Mámoa 5:

Ergueita nun dos cumes mais outos da serra, arredado 200 metros da estrada e a carón do hectómetro 8 do kilómetro 17. Ten 18 metros de diámetro ppor un e meio de outura e presentábase menos remexida que as suas compañeiras. Apareceu formada por terra misturada con pedras grandeiras e carbós.

O metro e meio de fondura atopouse unha laxa posta verticalmente, ben aplainada polas duas caras, que media 80 por 60 centímetros e a veira apareceu un burato feito con instrumento de pedra na peneda esquistosa, de chan natural de forma irregularmente troncocónica, de 70 a 40 centímetros de anchura e de 68 de fondura, que a laxa cobriu sen dúvida denantes de sere maquiada do seu senso.

Convén advertir, que o burato devandito áchase por baixo mesmo do centro da mámoa e que ista tivo en tempos un dólmen.

O conxunto de ista sepultura tal e coma nós a atopamos é ben imitante á de certos túmulos bretós da primeira idade do bronce, coma son por exemplo os de Kergoniou e de Kerstrobel e mais ainda a algúns rounds baraws ingreses con focha escabada baixo o túmulo coma o de Bamboroagh Northumberland, mais a circunstanza de haber tido a nosa mámoa cámara megalítica, fai imposibres istes paralelos e obriganos a procurarlle semellanzas dentro da cultura dos dólmenes.