H I S T O R I A / R E S U M E N

El texto aquí presente figura tal cual fue suministrado por los colaboradores. GRACIAS.

 Situación, O Término Municipal no antiguo réxime, Os primeiros axuntamentos constitucionais, A división municipal do R.D. de 23 de xullo de 1835, As variacións que se produxeron despois, Territorio e Poboación, Entidades e parroquias, Outros indicadores estructurais, Adscricións, Distancias, Nome do Concello, A casa do Concello, Títulos e tratamientos, Escudo e Selo, Presupostos, Patrimonio Histórico. Terras de Vilardebós Os petos de ánimas A Viceira A Encomenda Antigua minería (Villar de ciervos) Arciprestazgo As Mámoas Vilardebós Romano

 

1- SITUACION

O concello de Vilardebós está situado no sur de Galicia, e tamén da pronvincia de Ourense, da que administrativamente forma parte. Limita polo norte, co concello de Castrelo do Val e o Riós; polo este co veciño estado de Portugal; polo sur, co mesmo Portugal; e polo oeste, cos concellos de Verín e de Castrelo do Val un pouco.

A sua situación xeográfica é: latitude 41º 54'2. Norte; e a lonxitude de 7º 18'7 Oeste; sendo a sua altitude de 743 metros sobre o nivel do mar. Conven ter presente, a efectos de identificación, que o código xeográfico de Vilardebós é o 32900; o do INE. 32091; e as follas do mata topográfico nacional a escala 1/50.000 nas que aparece debuxado son as números: 303 e 304.

Os seus ríos principais son o Támega, o Mente e o Arzoa ou Serranova, que desagua no Mente. As maiores elevacións son: Mairos 1.083 metros; Salto do Cabalo 1.056, Ermita 936, Cabeza 936, Paira 903, a Fraga 853, Fragas 818 e Monte Maior 773. En comunicacións conta cunha carreteira local.

 

2- O TÉRMINO MUNICIPAL NO ANTIGO REXIME

No antigo réxime o hoxe concello de Vilardebós tiña as suas parroquias en duas xurisdiccións: a de Enxames e Devesa e a de Souto Vermudo; as duasna provincia de Ourense, coa seguinte distribución e dependencias. VER

 

3- OS PRIMEIROS AXUNTAMENTOS CONSTITUCIONAIS

Nesta estapa do primeiro tercio do século XIX, no hoxe concello de Vilardevós e no séu término, houbo dous axuntamentos constitucionais que foron: Vilardevós e Berrande, pertencentes o partido xudicial de Monterrei, e que como tales figuran nos repartimentos que fai a entón deputación única de Galicia para distribuir entre os axuntamentos a quinta e as contribucións territoriais de de consumos, nas datas que se expresa: VER

 Os axuntamentos ditos seguen pertencendo o partido xudicial de Monterrei, cando se fai a comenzos do 1822, a división de Galicia en catro provincias, pasando en canto a cargas e contribucións a depender da nova provincia e deputación de Ourense a cal fai un repartimento da contribución de consumos o día 28 de outubro de 1822, no que os axuntamentos ditos figuran coas seguintes cantidades: VER

 

4- A DIVISIÓN MUNICIPAL DO R.D. DE 23 DE XULLO DE 1835

Cando Se fan os proxectos de novos axuntamentos por partidos xudiciais, que dispón se fagan o Gobernador Civil de Ourense, co obxecto de darlle realidade o R.D. de 23 de xullo de 1835, e que unha vez rematados, os pasa a informe da deputación provincial, que acaba de instalarse, e que os recibe na sesión do 26 de outubro de 1835.

Unha vez os expedientes en poder da deputacion, ésta nomea para informarlos unha comisión composta polo deputado do partido xudicial, neste caso o de Verín, o tratarse do axuntamento de Vilardevós, e dous mais, os que lle entrega o expediente na sesión da deputación do 4 de novembro de 1835, acordando aprobalo e devolverlle o expediente o Goberno Civil.

A lista dos novos axuntamentos da provincia, unha vez instalados e coa aprobación da S.M. foi publicada, polo que fai referencia o partido xudicial de Verín, no BOPOR, número 57 do 19 de xullo de 1836, último dos publicados, en el aparece o axuntamento de Vilardevós, da forma literal seguinte: VER

 

5- AS VARIACIONS QUE SE PRODUXERON DESPOIS

 No concello de Vilardevós, e en relacón coas parroquias do ano 1836, producese unha alta de Fumaces e Trepa, Santa María, que en realidade é compartida co axuntamento de Riós, que ten a maior parte, pois o de Vilardevós só ten un lugar: Freilas. E como baixas temos as parroquias de Flor de Rei Vello, Santa María, Incorporada a de Arzádigos, Santa Eulalia, onde figura o lugar de Florde-rrei; e a de Varonceli, san Salvador que foi incorporada a parroquia de Moialde, Santa María, onde se atopa aínda un lugar chamado Varonceli.

Sen embargo eclesiásticamente, seguen figurando, na Guia da diócese, tanto Flor de Rei como Flor de rei Vello, pois os mesmos figuran na relación remitida o Ministerio de Xusticia polo bispo, o 21 de marzo de 1953, En cambio, Varonceli, foi parroquia ata o arreglo de 1893, enq ue se une a Moialde, Santa María.

  

6- TERRITORIO E POBOACION

O término municipal de Vilardevós, ten unha superficie de 150,9 Kms2, superior a media los concellos de Galicia de 93,97, e dos da sua provincia de Ourense que é de 77,30 Kms2.

No Madoz, o concello de Vilardevós, tiña 3.270 habitantes, sendo a sua evolución poboacional, segundo censos, a seguinte: VER

A porcentaxe da poboación do 1986, en relación coa do 1900, e dun 77 %, polo que perde un total de 23%. En 86 anos.

A densidade de poboación do concello de Vilardevós, é de 23,9 habitantes por Km2, inferior a media dos concellos de Galicia do 95,16 e dos da sua provincia de Ourense, de 54,90 habitantes por Km2.

O asentamento da poboación, segundo o Nomenclator do 1981, e a seguinte: VER

 

 7- ENTIDADES E PARROQUIAS

O término municipal de Vilardevós, segundo o Nomenclator do 1981, ten un total de 29 entidades singulares de poboación, agrupadas en 12 parroquias, e clasificadas como: Lugares, 27, Aldeas, 2.

As entidades con maior poboación de feito son, a capital municipal, lugar de Vilardevós con 684 habitantes, e a seguir as de: Terroso, lugar, 555; arzádigos, lugar con 538; Vilarello, lugar, con 486 e Enxames, lugar, con 404.

As entidades de menor poboación de feito, son: Tomonte, lugar con 26 habitantes; Santa María, aldea con 27; Hospital, Aldea, con 36; Fraira, lugar, con 55; Santa Comba de Varonceli, lugar, con 55; e Doña Elvira, lugar, con 77 habitantes.

A media de habitantes por entidade singular, con datos do 1981, e de 196,34. A media de habitantes por parroquia de 474,50; e a media de entidades singulares por parroquia de 2,41.

A continuacón damos un resume das parroquias do concello de Vilardevós e das suas principais características.

VER

 

8- OUTROS INDICADORES ESTRUCTURAIS

VER

 

9- ADSCRICIONS

 O agora término municipal de Vilardevós, nos tempos do antigo réxime, pertencéu a provincia de Ourense, unha das sete clásicas do Reino. Promulgada a Constitución do 1812, pasa a integrarse na provincia única de Galicia, e cando ésta se divide en catro provincias, polo D. De Cortes do 27 de xaneiro de 1822, e despois polo R.D. do 30 de novembro de 1833, nas duas veces pasa a formar na provincia de Ourense, onde segue.

Publicada a distribución en 47 partidos xudiciais de Galicia, pola deputación única o 3 de marzo de 1820, Vilardevós, pasa a formar parte do partido xudicial de Monterrei, que leva o número 23. Logo o facerse unha nova distribución polo R.D. do 21 de abril de 1834, pasa a formar parte do novo partido xudicial de Verín, que sustitue o de Monterrei, e no mesmo segue todo século XIX, e o que andamos, ata hoxe.

No tempo de vixencia dos xulgados comarcais da Orde do 24 de marzo de 1945, Vilardevós, tivo o seu xulgado comarcal propio, do que dependia tamén o xulgado de paz de Riós.

Oconcello de Vilardevós, forma parte da Mancomunidade Intermunicipal de Verín, para diversos servicios, aprobada pola Xunta, por D. 287/1975, do 12 de decembro, e integrada por dez concellos en total.

As suas parroquias dependen eclesiásticamente da diócese de Ourense, e do seguinte arciprestado: Riós. Arzadigos, Berrande, Enxames, Flor de Rei, Fumaces, Flor de Rey Vello, Moialde, Osoño, Soutochao, Terroso, Vilar de Cervos, Vilardevós (San Miguel), Vilardevós /Santa María), e, Vilarello.

Todalas parroquias anteditas son matrices, agás, a de :Soutochao e Vilardebós (Santa María), que son anexas.

 

10- DISTANCIAS

A capital municipal do concello de Vilardevós, e o lugar de Vilardevós, que dista da capital de Galicia, Santiago, 197 Kms. E da capital da sua provincia, Ourense, 85 kms, e da cabeceira do seu partido xudidicial, Verín, 13 kms.

Dentro do término municipal de Vilardebós, as entidades singulares de poboación, mais alonxadas da capital municpal, son a 12 Kms. O lugar de Atrave, e a 10 Kms, o lugar de Arzoa, os dous na parroquia de Berrande, san artolomeu. Temos ademais a 11,5 Kms, o lugar de Tomonte, da parroquia de Soutochao pero o resto das entidades baixa por debaixo de 9 Kms.

 

11- O NOME DO CONCELLO

O nome do concello de Vilardevós, débello, segundo o Carreras, o lugar de Vilardevós, se ben existen duas parroquias que levan o nome de Vilardevós; San Miguel e Santa María.

 

12- A CASA DO CONCELLO

No Madoz con referencia o axuntamento de Vilardevós, só se di qque a capital é Vilardevós. No Carreras, que o lugar de Vilardevós, que e a capital é o que lle da nome o municipio, pertence a parroquia de San Miguel de Vilardevós.

A casa consistorial de Vilardevós, é un edificio tradicional, exento, de duas plantas, cuberta inclinada a duas aguas, con aleiro de esaso vó, e o seu acceso faise a través duna porta situada a nivel da rasante da praza empedrada que ten enfrente.

O mais destacable na composición da fachada deste edificio é o soportal formado na planta baixa pola prolongación do forxado da primeria planta e galería que, asemesmo, se forma na planta de piso mediante a prolongación do da cuberta.

Catro columnas rectangulares con pedestal, base e capitel encarganse de soster os forxados. Na planta baixa a porta da entrada, de xenerosas proporcións e capintería de madeira aparece flanqueada por duas estreitas ventás horizontais a nivel do teito da planta. No piso a porta de acceso a galería superior completase con duas grandes ventás cadradas, unha a cada lado. De baixo do balcón de pedra o rótulo: Concello de Vilardevós. Edificio en pedra labrada.

 

13- TITULOS E TRATAMENTOS

O alcalde deste concello, conforme dispón o artigo 33 do ROF, (R.D.2568/1986, do 28 de novembro); ten tratamento de Señoría.

E ningún outro título ou tratamento, que nos saibamos, lle foi concedido ou outorgado a este concello, no que, segundo o Nomenclator do 1981, non existe ningunha vila, nin cidade, e a sua capital está clasificada como lugar.

 

14- ESCUDO E SELO

Non temos constancia de que o concello de Vilardevós, teña oficialmente recoñecido o seu escudo heráldico municipal.

En cumprimento dunha R.O. de Fomento, do 30 de agosto de 1876, o Gobernador Civil de Ourense remitéullo o Xefe do A.H.N. o 21 de marzo de 1877, as contestacións recibidas dos alcaldes da sua provincia sobre os selos que usaran ou viñan usando, e a sua historia, e o alcalde de Vilardevós, o 8 de decembro de 1876, remítelle dous selos en duas follas, e dille:

1.- O selo a que se refiere a anterior copia, foi formado en Madrid sobre o ano de 1849, e o busto ou emblema que ocupa o seu centro foi tomado dunha moeda antiga das que se usaban no tempo da dominación do imperio romano.

Estivo en uso dende dito ano constantemente ata a data, na que se sigue usando.

2.- O selo, e a copia que figura na cabeza deste pliego, tivo orixe no ano 1870 que o mandóu formar o alcalde que era a sazón. Usouse alternativamente co que había xa entón, ou sexa o que se usa na actualidade ata fai cousa dun ano que deixóu de usarse completamente.

 

15- PRESUPOSTOS

Do axuntamento de Vilardevós o Madoz non trae presuposto. A deputación de Ourense en sesión do 28 de decembro de 1836, acorda aprobarlle o presuposto para o dito ano, nun total de 1.912 reás, despois de modificalo e reducilo sobre o presentado. No Carreras, non ven o presuposto de entón deste concello.

A evolución dos seus presupostos, neste século foi:

VER

 

 17- PATRIMONIO HISTORICO-ARTISTICO

 Segundo a Resolución do 14 de maio de 1991, pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense, e Pontevedra da Consellería de Ordenación do Territorio de Obras Públicas, que modifica as da Resolución do 10 de xaneiro do 1990, no anexo 3, Inventario do Patrimonio Cultural o referente a provincia de Ourense, figura no DOG no número 134, do 15 de xullo de 1991, e del recollemos os datos do Inventario ddo Patrimonio Histórico Artístico, do Concello de Vilardevós.

VER

  

18- TERRAS DE VILARDEBOS

Os achados prehistóricos habidos na zona remontan o seu habitat a lonxanos tempos do Cuaternário. Cerámicas e vasos campaniformes teñen aparecido perto de Flor de Rei Vello e, unha ampla zona que abranxe Soutochao, Lamardeite, Feilas, A Fraira e outros pobos, localizáronse necrópoles do Megalítico

VER 

 

19- OS PETOS DE ANIMAS

 VER

 

20- A VICEIRA

Varias poblaciones de los municipios de la comarca de A Limia y monterrei (Villar de ciervos) ubicados en zonas de montaña todavía conservan, a pesar del paso del tiempo y del cambio de costumbres, la ancestral forma de cuidar los rebaños de ovejas de forma comunitaria, lo que se denomina "a viceira".

VER

 

21- A ENCOMENDA DE OSOÑO

Se hallaba ésta en el Camino de Santiago. Absorbió a Castrelo de Miño para integrarse a su vez en Quiroga. Tuvo allí la Orden de San Juan un hospital del que perdura sólo el topónimo en una aldea cercana a Osoño. Se perdió la jurisdicción temporal, pero permaneció la espiritual hasta el S. XVIII en las feligresías de Osoño, Enxames y Villarello, que fueron de patronato de los sanjuanistas hasta la desamortización.

VER

 

22- ANTIGUA MINERIA (Vilar de Ciervos)

Al sureste de Verín y a poco más de dos kilómetros de la frontera con Portugal, a 15 kilómetros de la ciudad de Chaves, hállase un grupo de depósitos estañíferos dispersos en torno a la localidad de Villar de Ciervos, conocidos también en el siglo XVIII con la denominación de minas del Este...

VER 

 

23- ARCIPRESTAZGO

El Arciprestazgo de Riós está situado al Sur de la Diócesis de la provincia. Compuesto por los ayuntamientos de Villardevós y Riós, limita al Norte con el Arciprestazgo de Laza, al sur con Portugal, al este con el de la Gudiña y al oeste con los de Verín y Monterrey. Está situado en una meseta a una altura media de 700 metros sobre el nivel del mar.

VER 

 

 24-AS MAMOAS

Esténdense ó lombo ispido da Serra de Penas Libres, cuio esquelete de gneis e de seixo afrora ó chan moitas vegadas nunha direizón xeral do L. O W. E case paralelamente á raia portuguesa pola banda dos concellos trasmontanos de Chaves e Vinhaes.

VER

 

25-VILARDEBOS ROMANO

No concello de Vilardebós tópanse numerosos vestisios deixados po-los románs

VER